Hemeroteca

Asset Publisher

Back Recomendacións en Radioleiros: 9 agosto 2024

"Sete dentes de león" de Ledicia Costas con ilustracións de David Sierra. "A noite das cebolas" de Rosa Aneiros.

- Infantil (a partir de 5 anos):

Sete dentes de león, de Ledicia Costas con ilustracións de David Sierra.
Xerais.

Versión dixital en Galiciale.

Historia que sucedeu antes de que existisen as cores e que nos fala do nacemento do arco da vella.

- Mocidade e persoas adultas:

A noite das cebolas, de Rosa Aneiros.
Xerais.

Versión dixital en Galiciale.

Abril Andrade recala na costa galega despois de recibir a herdanza dun vello faro que pertencera ao seu tío Bastián, co que tivera unha gran relación na infancia. Isto sucede no momento no que recibe a nova da irreversibilidade do seu cancro.

Lonxe do pesimismo, A noite das cebolas fala dunha muller que atopa, onde menos o agarda, un motivo e un motor para vivir intensamente ata o final. 

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

back link