"Algo pasa na casa do lobo" de Susanna Isern; ilustracións de Ayesha L. Rubio. En OQO.
As familias do bosque están moi preocupadas porque as súas crianzas desaparecen pola noite mentres durmen nas súas camas e aparecen pola mañá noutras casas. Un conto de lobos diferente, con moito misterio e un final inesperado.
Premio Internacional de Álbum Ilustrado Ciudad de Fuengirola 2024
- Mocidade e público adulto:
"Historias de Gaza: la vida entre guerras" de Mikel Ayestaran. Editado por Península.
Un percorrido histórico, xornalístico e persoal sobre Gaza, que abarca dende a Antigüidade ata xaneiro de 2025, escrito por un reporteiro especializado nos conflitos abertos en Oriente Medio que visitou Gaza en decenas de ocasións e que cubriu todas as grandes ofensivas de Israel dende 2008.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.