Hemeroteca

Asset Publisher

Back Recomendacións en Radioleiros: 16 maio 2025

Imagen Recomendacións en Radioleiros: 16 maio 2025

"Eu ben vin, virivín: cancioneiro infantil para dicir, contar e cantar" de Manuel Rico Verea. Ilustrado por David Rodríguez e "Síbaris" de Domingo Villar

Recomendacións en Radioleiros: 16 maio 2025

"Eu ben vin, virivín: cancioneiro infantil para dicir, contar e cantar" de Manuel Rico Verea. Ilustrado por David Rodríguez

- Infantil (crianzas a partir de 3 anos):

"Eu ben vin, virivín: cancioneiro infantil para dicir, contar e cantar" de Manuel Rico Verea. Ilustrado por David Rodríguez. Editado por Xerais.

Dispoñible en GaliciaLe

Este libro compendia as prosodias, rimas, recitados, fórmulas máxicas e encadeados máis representativos do cancioneiro de tradición oral infantil que nos falan do mundo dos animais e que, por seren transmitidos de xeración en xeración, están moi ligados á cultura popular e ás veces a ritos ancestrais. O libro acompáñase dun documento sonoro creado polo Obradoiro Experimental de Música Tradicional, formado por Nani García e Manuel Rico, que recrea as melodías do cancioneiro tradicional. Unha delicia  para os sentidos que nos achega a algúns signos de identidade cultural de Galicia.

"Síbaris" de Domingo Villar

- Mocidade e persoas adultas:

"Síbaris" de Domingo Villar. En Galaxia.

Dispoñible en GaliciaLe

Síbaris é unha divertidísima comedia negra sobre o éxito e a creación na que o protagonista, o recoñecido escritor Víctor Morel, agoniado pola falta de inspiración, vai atopar a solución aos seus problemas grazas a unha morte moi oportuna.

Obra teatral póstuma de Domingo Villar (1971-2022), autor de tres novelas de referencia no xénero negro protagonizadas polo inspector Leo Caldas, con limiar de Inma López Silva e ilustracións de Carlos Baonza.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.