Hemeroteca

Asset Publisher

Back Recepción institucional ao subcampión mundial Alberto Fidalgo na Casa do Concello

O alcalde, Ángel García Seoane, e a concelleira de Deportes, Teresa Vázquez, recibiron oficialmente na Casa do Concello ao marchador nórdico Alberto Fidalgo, recente subcampión do mundo de marcha nórdica en Finlandia. Un merecido recoñecemento institucional ante estes novos éxitos deste extraordinario deportista, resultado dun esforzo e dedicación persoal sobresaínte.


No recente campionato mundial celebrado na localidade finlandesa de Lahti, Alberto Fidalgo competiu nas probas de 10 km e de 20 km. Na distancia máis curta acadou a 5ª posición en categoría absoluta e o 2º posto en M35. Nos 20 km foi 3º en absolutos e 2º en M35, ademais de ser recoñecido polos xuíces como marchador do mundo con mellor técnica.

Nas próximas semanas Alberto Fidalgo participará novamente en importantes competicións. Primeiro disputará o Campionato Galego e posteriormente o Campionato de España.

Alberto Fidalgo é un orgullo para o pobo de Oleiros e un exemplo de deportista.
 

back link