Manu Taibo, que xa fora anteriormente campión mundial e europeo en categoría junior, iniciouse na patinaxe de velocidade aos 4 anos, no pavillón da Rabadeira, da man da SCD Rabadeira. Tamén probou outros deportes como fútbol, natación ou tenis, pero unha vez pasou a formar parte dos equipos de competición da SCD Rabadeira entregouse á patinaxe, logrando en categoría alevín a súa primeira medalla de prata nun campionato de España. Despois, baixo a guía do seu adestrador David Garrido, e cun enorme traballo comezaron a chegar máis triunfos, numerosas medaIlas en campionatos galegos e de España e a participación na selección, o que lle permitiu ser campión europeo e mundial.
Manu Taibo é un orgullo para o pobo de Oleiros e un exemplo de como comportarse no deporte e na vida.