Hemeroteca

Asset Publisher

Back Radio Oleiros emitirá en marzo catro programas educativos dirixidos aos pais e nais dos menores

Oleiros, 02 de marzo de 2016-. O Concello de Oleiros pon en marcha durante o mes de marzo un total de catro programas de radio co obxectivo de axudar os pais e as nais na educación dos seus fillos e fillas. As emisións están programadas para todos os xoves de 13:00 a 13:30 horas en Radio Oleiros (101.5 FM e http://www.oleiros.org/portlet-radio-oleiros/radio.htm).

Maña emítese o primeiro programa que procura transmitir aos pais o importante que é que sexan respectuosos mentres os seus fillos practican calquera deporte. O deporte e o exercicio son moi importantes a calquera idade, pero máis na infancia. Que os nenos e as nenas teñan como afección algún deporte é, ademais, unha oportunidade estupenda para ensinarlle moitos valores como o xogo limpo en equipo e o respecto pero, como en case todo, ensínase primeiro desde o exemplo.

O 11 de marzo a temática da sesión xira sobre como o respecto cara aos demais. Cando un neno ou unha nena se sinte respectado ou respectada, empezará a entender o importante que é. O respecto é unha actitude. Ser respectuoso axuda os nenos e as nenas a ter éxito na vida. Se os nenos non respectan os seus compañeiros, as figuras de autoridade, ou mesmo a eles mesmos, é case imposible para eles ter éxito.

Un dos obxectivos da educación é ensinar aos nosos fillos e fillas a comportarse segundo os valores e pautas socioculturais existentes. Esa é a base para inculcar calquera conduta ou hábito. O papel principal desempéñao a familia e continúase na escola. Pero para erradicar a violencia de xénero é imprescindible comezar por educar os nenos e nenas desde un principio. Por iso, o 18 de marzo haberá unha terceira emisión radiofónica.

O último programa será o 31 de marzo e tratará sobre a importancia da intelixencia emocional nos nenos e nenas. Os pais e nais poden ensinar aos seus fillos e fillas a canalizar as súas emocións e a identificalas. É importante que os nenos aprendan a controlarse e a ser empáticos cos demais. A educación emocional é unha parte imprescindible da formación do neno.
 

back link