Hemeroteca

Asset Publisher

Back Presentación de “El libro de mi vida” o mércores 27 na Casa Charry

A Casa Charry (Oleiros) acollerá o vindeiro mércores ás 18:00 horas a presentación da obra “El libro de mi vida”, unha ferramenta de estimulación cognitiva para acompañar, fortalecer a memoria, a identidade e o benestar emocional de pacientes con demencia.

Galzheimer Care propón unha ferramenta terapéutica para preservar a identidade en persoas con demencia. Este recurso permite reconstruír a historia persoal cando as palabras ou os recordos comezan a desvanecerse, preservando a continuidade da identidade. A través de fotografías, nomes, lugares e emocións, o libro facilita ademais un nexo de comunicación cando existen dificultades para expresarse verbalmente.

El libro de mi vida tamén ten un importante valor interxeracional. Os familiares poden redescubrir aspectos descoñecidos da historia do ser querido, recuperando relatos e vivencias que non deben perderse e que poden ser transmitidos a futuras xeracións, converténdose así nun valioso legado familiar.

Desde Galzheimer Care destacan que esta ferramenta “non só preserva recordos, senón que mantén viva a identidade da persoa, incluso cando a memoria falla, reforzando a dignidade e o vínculo emocional no proceso de coidado”.

No acto de presentación intervirán Isabel Jiménez Martín, neuropsicóloga e doutora en Neurociencia; e a concelleira delegada de Servizos Sociais e Igualdade, Belén Taboada.
 

back link