Hemeroteca

Asset Publisher

Back Prazas vacantes nas actividades ocupacionais do Concello de Oleiros

Oleiros, 3 de setembro de 2014-. A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Oleiros iniciará o próximo mes de outubro o curso 2014/2015 dos “Obradoiros de expresión artística e artesanal”, unha actividade dirixida a promover a participación e a integración social de toda a poboación maior de 16 anos empadroada no Concello.
 
Estes obradoiros levan máis de 20 anos desenvolvéndose cunha gran participación e uns niveis de ocupación de case o 100%, contando ademais cun grao de satisfacción moi alto por parte das persoas participantes.
 
Na actualidade existen prazas libres en varios dos grupos de Pintura, Encaixe, Tapices, Manualidades e Costura.
 
As persoas interesadas nalgunha destas prazas poden solicitalas, entre o 8 e o 12 de setembro, a través da web municipal www.oleiros.org, dentro da sede electrónica na Carpeta Cidadá. Tamén pode solicitar praza acudindo ás oficinas de Servizos Sociais na localidade de Oleiros.
 
Por outra banda, as persoas que xa teñen praza deberán acudir do 15 ao 22 de setembro  ás oficinas de Servizos Sociais para confirmar a praza e recoller o impreso de autoliquidación do pago da matrícula correspondente.
 
Poden atopar máis información na web municipal no apartado da Concellería de Servizos Sociais.
 
back link