Haberá actuacións no Monumento aos Emigrantes e na ponte do Castelo desde as 11:00 horas, no Parque Luís Seoane desde as 12:00 horas e na zona de paseo da rúa do Mar desde as 13:00 horas.
Pola tarde celebrarase o gran musical ALADDÍN! na praza de Esther Pita ás 18:00 horas, coa Orquestra sinfónica da Escola Municipal de Música, o coro La Tremenda Tremolina e a Escola Municipal de Danza.
A Big Band pechará a xornada ás 21:00 horas cun concerto na praza do Castelo.
Todas as actuacións son abertas a toda a cidadanía.
Consulta todos os horarios das diferentes actuacións nas rrss e web do Concello de Oleiros:
PARQUE DO EMIGRANTE (acústico)
11:30 - Banda Infantil
11:45 - Colectiva de Percusión
PONTE DO CASTELO (piano)
11:00 - Colectiva de Canto
11:15 - Pianos
PARQUE LUIS SEOANE
12:00 - Tuba
12:05 - Colectiva de Cordas
12:20 - Ensemble de Chelos
12:35 - Ensemble de Clarinetes
13:45 - Ensemble de Frautas
RÚA DO MAR
13:00 - Combos
13:50 - Colectiva de Gaita + Colectiva de Acordeón
PRAZA ESTHER PITA
18:00h – Gran musical ALADDÍN. Coa Orquestra Sinfónica EMMO, Coro La tremenda Tremolina, Escola de Danza
PRAZA DO CASTELO
21:00 h – Concerto da Big Band