Hemeroteca

Asset Publisher

Back Prazas e rúas de Santa Cruz acollen 14 actuacións da Escola Municipal de Música este domingo

O roteiro musical da Escola Municipal de Música do Concello de Oleiros ten programadas 14 actuacións distintas en diferentes espazos públicos de Santa Cruz. Serán este domingo día 9, desde as 11:00 horas.

Haberá actuacións no Monumento aos Emigrantes e na ponte do Castelo desde as 11:00 horas; no Porto ás 11:30 horas e no Parque Luís Seoane desde as 11:30 horas e na zona de paseo da rúa do Mar desde as 13:00 horas. Pola tarde celebrarase un gran festival na praza de Esther Pita ás 19:30 horas, coa Orquestra sinfónica, os coros, La Tremenda Tremolina e a Escola municipal de Danza. A Big Band pechará a xornada ás 21:00 horas cun concerto na praza do Castelo.

Todas as actuacións son abertas a toda a cidadanía.

Horarios e programa:

¿ Domingo día 9 de xuño

¿ Zona Monumento aos Emigrantes

¿ 11:00h - Colectiva de Cordas

¿ 11:30h - Grupo de Saxofón

¿ 12:00h - Dúos de Violonchelo

¿ Zona ponte do Castelo

¿ 11:00h - Música de Cámara A

¿ 12:00h - Piano

¿ Zona Porto

¿ 11:30h - Ensemble Frautas, Óboes e Fagotes

¿ 12:00h - Grupo de Acordeóns

¿ Zona Parque Luís Seoane

¿ 11:30h - Ensemble de Clarinete e Canto

¿ 12:00h - Banda Infantil

¿ 12:30h - Música de Cámara B

¿ Zona Rúa do Mar

¿ 13:00h - Combo Música Moderna

¿ 14:00h - Grupo de Gaitas

¿ Zona Praza Esther Pita

¿19:30h - Orquestra Sinfónica, Coros/La Tremenda Tremolina, EMDA (alumnado de Danza)

¿¿ Zona Praza do Castelo

¿ 21:00h - Concerto da Big Band

back link