Hemeroteca

Asset Publisher

Back Portos de Galicia pretende cobrarlle ao Concello unha taxa portuaria por un acto que non organi

Oleiros, 8 de marzo de 2017-. Portos de Galicia pretende liquidar unha taxa portuaria ao Concello de Oleiros polo desenvolvemento da Festa da Centola que organizou, por segundo ano consecutivo, a Confraría de Pescadores de Lorbé o pasado mes de novembro na explanada do porto da localidade oleirense. Ante esta situación, o Concello de Oleiros estudará as posibilidades de presentar unha denuncia por suposta prevaricación por parte do director de Portos de Galicia.

Logo de recibir o requirimento de Portos, o Concello comunicou que nada tiña que ver coa organización da Festa da Centola, nin coa súa situación, dado que é un evento que organiza exclusivamente a Confraría de Pescadores de Lorbé. A pesar diso, o director de Portos resolveu novamente impoñerlle ao Concello as taxas pola celebración da festa os días 19 e 20 de novembro de 2016, manifestando que é un feito probado que non admite discusión.

O Concello de Oleiros non pagará ningunha taxa por un acto que non organizou. Ademais, debido a esta lamentable e prepotente actuación do director de Portos de Galicia, estudarase nos vindeiros días a presentación da correspondente denuncia por estes feitos.

Cabe destacar que a Festa da Centola estivo presidida pola conselleira do Mar, deputados do Partido Popular e, practicamente, a totalidade dos representantes do PP en Oleiros.
 

back link