Hemeroteca

Asset Publisher

Back Pista de xeo, carruseis e proxeccións de cine infantil durante o Nadal

 Oleiros, 20 de decembro de 2021-. O Concello de Oleiros ten preparada unha ampla programación de actividades para este Nadal. A partir do vindeiro mércores día 22 xa estarán dispoñibles os carruseis infantís e a pista de xeo e o martes día 28 comezará un ciclo de proxeccións de películas infantís en diversas localidades.

 
Todos os nenos e nenas de Oleiros terán á súa disposición entre o 22 de decembro e o 9 de xaneiro uns carruseis na praza Esther Pita de Santa Cruz e na polideportiva da avenida da II República de Perillo, onde tamén haberá unha pista de xeo. O horario será de 16.00 h a 21.00 h, ampliándose as mañás dos domingos de 11:30 a 13:30 horas. Cada viaxe nos carruseis custará 1 euro e a pista de xeo será 5 euros por media hora, sendo obrigatorio levar guantes.
 
O ciclo de cine comezará o día 28 en Santa Cruz con Hotel Transilvania, ás 18:30 horas, nas Torres. Despois proxectarase El parque mágico en Oleiros, o mércores 29, ás 18:30 horas no salón parroquial; Las aventuras de Tadeo Jones en Nós, o xoves 30, ás 18:30 horas na Casa do Pobo; Dumbo, en Perillo, o luns 3, ás 18:30 horas na Fábrica; e A Galiña Turuleca en Mera, o martes 4, ás 18:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez.
 
O martes 5 de xaneiro os Reis Magos percorrerán as principais rúas de todas as parroquias para saudar os nenos e nenas de Oleiros. Igual que o ano pasado, os Reis Magos desprazaranse nun autobús, decorado especialmente para a ocasión. Proximamente informarase a través de todos os medios de comunicación municipais da ruta e dos horarios previstos.
back link