Hemeroteca

Asset Publisher

Back Perillo conta cun Punto Violeta fixo e outro itinerante durante as festas

Debido á celebración esta fin de semana das festas na honra a Santa María da Cabeza, en Perillo, o Concello instalará o Punto Violeta as noites venres 4 ao domingo 6, en horario de 23 a 3:30 h. O obxectivo é continuar implicándose activamente, como vén facendo ata agora, na prevención e resposta fronte a calquera tipo de agresión (sexual, LGTBIfóbica…) ou outras manifestacións de violencia machista.

Como reforzo deste dispositivo, as festas contarán tamén cun Punto Violeta itinerante integrado por dúas profesionais especializadas, que se desprazarán polos diferentes espazos da festa para aumentar a accesibilidade e proximidade ao operativo, achegándose directamente ás persoas asistentes. 

Os Puntos Violeta son lugares de referencia, atención e apoio psicolóxico, atendidos por un equipo especializado de profesionais na materia. Dispoñen dun Protocolo de Actuación en colaboración directa coas Forzas e Corpos de Seguridade e cos Servizos Sanitarios. Ademais, funcionan como espazos de sensibilización accesibles á cidadanía, onde se ofrece material informativo e divulgativo sobre os recursos e servizos municipais dispoñibles, así como actividades de concienciación adaptadas a distintas idades.
 

back link