Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oswaldo Digón, Marcos Pereiro, Santi Romay presentan a comedia Coleccionistas no auditorio de M

Oleiros, 27 de marzo de 2019-. A compañía Ainé Producións presenta o sábado ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera o seu espectáculo Coleccionistas, que dirixe Oswaldo Digón. Marcos Pereiro, Oswaldo Digón, Santi Romay e Cristian Leggiero forman o elenco desta comedia.

A historia da arte chega aos teatros da man de Coleccionistas, unha comedia cargada de sorpresas na que o importante non só acontecerá sobre o escenario. Os espectadores converteranse por unha noite en afamados coleccionistas das mellores obras de arte, dispostos a participar nunha gran poxa. Pereiro, Digón e Romay, responsables de tan importante evento, encargaranse de describir con todo luxo de detalles a historia, o anecdotario ou o proceso de creación de cada un dos cadros, cando non a vida do artista. Ademais haberá música en directo co mestre Cristian Leggiero, que acompañará o relato de cada unha das obras seleccionadas polo público.

As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. Está recomendada para maiores de 12 anos.

back link