Hemeroteca

Asset Publisher

Back Os veciños e veciñas tomarán Santiago se a Xunta non conecta a vía Ártabra co porto de Lorbé en

Oleiros, 1 de decembro de 2015-. Os veciños, veciñas e mariñeiros de Lorbé, e de todo o Concello de Oleiros, están cansos e fartos do abandono ao que os ten condenados a Xunta de Galicia. A vía Ártabra segue sen chegar ata o porto máis importante de Oleiros, cando se trata dunha obra que tería un custo duns 300.000 euros.

Actualmente, o acceso existente ao Porto de Lorbé é moi precario. A circulación vólvese especialmente complicada cando circulan os numerosos camións que baixan ao porto. A conexión coa vía Ártabra suporía a fin de todos eses problemas, que permitirían aumentar a potencialidade deste porto de xeito moi considerable.

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, denunciou novamente esta situación esta mañá e avisou que no caso de non haber solucións inmediatas, os veciños e veciñas de Lorbé e do resto de Oleiros desprazaranse a Santiago para reivindicar a realización desta obra. Cabe destacar, que ademais do importante número de pesqueiros de baixura que teñen a súa sede en Lorbé a produción de mexillón deste porto é a máis importante de todo o norte de Galicia.
 

back link