Oleiros, 8 de maio de 2020-. A cidadanía das parroquias cunha poboación inferior a 5.000 habitantes pode saír dos seus domicilios sen restricións horarias a pasear e facer deporte individualmente. A Xunta de Galicia estipulou a parroquia como entidade poboacional para adoptar esta decisión, polo que os cidadáns de Liáns (10.662 habitantes) e Perillo (8.895 habitantes) terán que seguir respectando as distintas franxas horarias de saída establecidas polo Goberno central.
Hemeroteca
Asset Publisher
A partir do luns, todas as dependencias administrativas do Concello de Oleiros e as bibliotecas estarán abertas. A veciñanza deberá reservar cita previamente por vía telefónica ou mediante correo electrónico. Para acceder ás instalacións será obrigatorio o uso de mascarilla.
O Concello de Oleiros fai un chamamento á responsabilidade da veciñanza para evitar posibles contaxios.