Hemeroteca

Asset Publisher

Back Os veciños de Perillo, Montrove, Dorneda e Maianca estrean esta fin de semana o Ven e Descubre!

Oleiros, 22 de abril de 2016-. O programa de excursionismo e sendeirismo do Concello de Oleiros, que este ano se desenvolve baixo a temática do “País dos mil ríos”, iníciase esta fin de semana polo entorno da ribeira do río Miño. Os veciños e veciñas de Perillo, Montrove, Dorneda e Maianca serán os primeiros en gozar destas excursión.

Estes primeiros grupos de participantes visitarán a Terra Chá a través dunha excursión que ten por nome: Natureza, arte e poesía no río Miño. En total, preto de 200 persoas gozarán entre o sábado e o domingo da paisaxe, da historia e das xentes desa zona visitando distintos lugares e enclaves.

En primeiro lugar visitarán o Parque de Marcelle, único equipamento de fauna de Galicia nun entorno natural, onde poderán ver e coñecer numerosos animais salvaxes doutras zonas do planeta. Tamén visitarán a exposición permanente de Víctor Corral, escultor labrego comprometido co mundo e coa súa comunidade, na que a creatividade, a enerxía e a protección da natureza e do contorno son elementos comúns da súa obra.

Finalmente a visita rematará na Casa de Hortas, casa museo do poeta chairego Manuel María, a quen está dedicado este ano o Día das Letras Galegas. Ao longo dunha visita guiada poderán coñecer máis a fondo a vida e obra deste gran poeta no que a natureza e o río Miño, fío conductor desta excursión, ten unha gran presenza.
 

back link