Hemeroteca

Asset Publisher

Back Os usuarios e as usuarias das praias na Semana Santa deben extremar as precaucións

Oleiros, 12 de abril de 2017-. Ante as extraordinarias condicións climatolóxicas previstas para os vindeiros días festivos, o Concello de Oleiros fai un chamamento a todas as persoas que vaian gozar dos areais do municipio para que extremen as precaucións. Para evitar posibles contratempos é importante que todos os bañistas respecten as normas e non cometan imprudencias.

Do mesmo xeito, o Concello de Oleiros tamén quere lembrar a obrigatoriedade que teñen os condutores de estacionar correctamente os seus vehículos. Nas contornas das praias, onde se dan a maioría dos casos de coches e furgóns mal aparcados, existen amplos aparcadoiros públicos. Para non causar molestias á veciñanza do municipio e evitar posibles multas, os/as condutores/as deberán empregar as zonas habilitadas para aparcar e non outros espazos públicos e privados.
 

back link