Oleiros, 18 de outubro de 2021-. Este domingo, ás 12.00 horas na Fábrica, hai una contada para os máis pequeniños e pequeniñas, Os tres porquiños. Bea Campos fai esta sesión de contos con títeres, e cancións para bebés na que se integran a expresión dramática, os títeres e a tradición oral.
A entrada é gratuíta, mais hai que reservala facendo a inscrición a través do formulario habilitado. Terán preferencia as familias do Apego de Oleiros os dous primeiros días de inscrición e despois, as persoas empadroadas, por rigorosa orde de inscrición atendendo a estes dous criterios.
É unha proposta sinxela a partir dun dos clásicos da literatura infantil perfectos para introducir os máis cativos no marabilloso mundo dos contos desde os seus primeiros meses de vida ata os seis anos.