Oleiros, 14 de xuño de 2016-. O venres ás 19:00 horas inaugúrase no centro cultural A Fábrica de Perillo unha mostra de pintura cos traballos realizados polo alumnado da Escola Municipal de Artes Plásticas do Concello de Oleiros. A exposición permanecerá aberta ao público ata o 23 de xuño en horario de luns a venres de 9:00 a 15:00 e de 17:00 a 21:30 horas. Os sábados de 10:00 a 13:30 horas.