Hemeroteca

Asset Publisher

Back Os tambores solidarios soarán o próximo sábado en Santa Cruz

Oleiros, 26 de xuño de 2018-. O próximo sábado día 30 de xuño, a partir das 21:00 horas, a explanada que hai a carón da Praza Esther Pita acollerá unha nova edición de Lúa chea de tambores, unha actividade organizada pola Fundación Ingada, na que colabora o Concello de Oleiros.

A Fundación Ingada desenvolve esta actividade por segundo ano consecutivo no Concello de Oleiros. O seu obxectivo é chamar a atención sobre o problema do TDAH, un problema que chega a alcanzar ao 7% da poboación escolar, que persiste en gran medida na adolescencia e na etapa adulta e que ten unha importante carga xenética.

Todas as persoas que desexen participar poden facelo acudindo con calquera tipo de instrumento de percusión: tambores, bongoes, maracas, pandeiretas, pandeiros, caixas, bombos... ou incluso instrumentos de percusión de fabricación caseira, como botes de pintura, caixas de metal, potas.... son benvidos para participar nesta festiva actuación solidaria. Tamén estarán tocando os Kilomberos de Monte Alto, un grupo de percusión famoso pola animación e alegría que transmite nas súas actuacións, especialmente no entroido coruñés.

Entre o Concello de Oleiros e a Fundación INGADA estase a estudar a posibilidade de asinar proximamente un convenio de colaboración co obxectivo de mellorar a atención ás persoas afectadas polo TDAH.
 

back link