Hemeroteca

Asset Publisher

Back Os residuos fotografiados por Medio Ambiente atópanse en zonas da súa competencia

Oleiros, 23 de setembro de 2015-. A irrisoria campaña iniciada pola conselleira de Medio Ambiente, Ethel Vázquez, contra os concellos que solicitaron o dragado da Ría do Burgo viviu a pasada fin de semana un novo capítulo. Desde o gabinete que dirixe Vázquez difundíronse aos medios de comunicación varias fotografías nas que aparecían diferentes residuos que se atopan en zonas nas que a competencia lle corresponde á Xunta de Galicia.

O obxectivo de Ethel Vázquez era poñer o dedo acusador sobre os concellos que decidiron unir forzas hai unhas semanas para reclamar o tan necesario dragado da ría do Burgo. O alcalde Ángel García Seoane explicou que en Oleiros “limpamos as praias e toda a costa de xeito rigoroso. O neumático e a televisión que aparecen nun medio de comunicación atópanse nunha zona que está baixo a competencia da Consellería de Medio Ambiente”. Ante tal despropósito, o alcalde considera que a conselleira Vázquez “está amosando que non dá a talla política para ocuparse da Consellería”.

 

back link