Hemeroteca

Asset Publisher

Back Os Reis Meigos percorrerán Oleiros

Oleiros, 4 de xaneiro de 2013.- Os Reis Magos visitarán o vindeiro sábado día 5 as localidades de Perillo, Mera, Santa Cruz e Lorbé. En Perillo, a partir das 17.30 horas participarán nunha festa que se celebrará na polideportiva desta localidade e na que haberá inchables, música e chocolatada.


Pola súa banda, en Santa Cruz, as súas majestades visitarán a partir das 17 horas da tarde o Teatro Municipal das Torres, onde as cantareiras e gaiteiros de Santaia renderanlles unha homenaxe musical. Logo, ás 17.30 horas terá lugar un pasarrúas polas rúas do pobo, para terminar ás 18 horas no Centro Cívico, onde se lle poderán entregar as cartas e tomar chocolate e roscón.


En Mera, os Reis chegarán ás 18 horas á casa do pobo, onde desde as 17 horas haberá unha festa con agasallos, chocolatada e música. Para rematar, ás 19 horas Melchor, Gaspar e Baltasar visitarán a casa do pobo de Lorbé.
 

back link