Oleiros, 21 de xaneiro de 2016-. A Asociación de Veciños San Antón de Dexo convoca a todos os propietarios de terreos na zona do Monumento Natural Costa de Dexo-Serantes a unha asemblea informativa sobre un posible proxecto de explotación forestal. A reunión terá lugar o vindeiro luns día 25 de xaneiro ás 19:30 na Casa do Pobo de Dexo.
Unha empresa vinculada á compañía Inditex quere levar adiante, sempre e cando aos veciños e veciñas con propiedades nesa zona lles interese, un importante proxecto de plantación forestal para o que precisaría un mínimo de 10 hectáreas. Os veciños e veciñas manterían a propiedade dos terreos e a empresa comprometeríase a manter as plantacións durante 20 anos. Unha vez realizadas a tala das árbores, os beneficios irían principalmente para os propietarios, que non terían que asumir ningún tipo de gasto.
grandes compañías están obrigadas a facer investimentos para mellorar a calidade ambiental. Para o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, trátase dun proxecto “fermoso e bo para os veciños e veciñas, que traería beneficios para os propietarios destes terreos”.