Hemeroteca

Asset Publisher

Back Os pavillóns deportivos municipais permanecerán pechados hoxe, a partir das 18:00 horas, polo t

Oleiros, 03 de febreiro de 2017-. Debido ás adversas condicións climatolóxicas previstas para esta tarde, o Concello de Oleiros decretou o peche dos pavillóns deportivos municipais a partir das 18:00 horas para evitar posibles riscos. Todas as actividades previstas para esta tarde quedan suspendidas.

O Servizo Municipal de Emerxencias, a Policía Local e os operarios de Servizos Municipais levan traballando arreo desde a madrugada para minimizar os danos provocados polo forte temporal que azoutou o noso concello con refachos de vento de 130 km/h. Rexistráronse numerosas incidencias: árbores caídas, desprendementos en cubertas, colectores do lixo movidos,... Dado que o vento soprará outra vez con moita forza esta tarde, recoméndase extremar as precaucións.
 

back link