Hemeroteca

Asset Publisher

Back Os orzamentos do 2017 incluirán a ordenación das rotondas das urbanizacións As Torres e O Seixo

Oleiros, 25 de agosto de 2016-. O Goberno local xa se atopa en fase de preparación dos orzamentos que rexerán a vida municipal durante o 2017. Aínda que polo momento os proxectos que poderían formar parte do documento están a ser avaliados, o alcalde adiantou que as obras ordenación das rotondas da Urbanización As Torres e a Urbanización O Seixo serán abordadas no ano próximo.

O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, explicou esta mañá que non todas as rotondas que hai no municipio dependen do Concello xa que Xunta e Deputación son propietarias de moitos dos viais existentes en Oleiros. O que adiantou é que “con total seguridade incluiremos nos orzamentos a ordenación das rotondas de entrada á urbanización O Seixo e á urbanización As Torres”, dixo.

Como todos os anos, o Goberno municipal elaborará un orzamentos participativos que recollerán as demandas das asociacións veciñais e dos cidadáns que se poñan en contacto coa alcaldía a través das ferramentas de comunicación existentes.

 

back link