Hemeroteca

Asset Publisher

Back Os oleirenses poderán doar sangue mañá e o venres

Oleiros, 7 de maio de 2014-. A Unidade Móbil do Centro de Transfusións de Galicia visitará o Concello de Oleiros ao longo dos próximos días. Mañá xoves 8 de maio estará na praza da Rabadeira en Oleiros,  e o venres 9 na entrada da Lagoa, en Mera.  A unidade permanecerá en ambas as dúas localidades desde ás 16.00 as 21.00 horas.

Dentro da campaña desenvolta esta semana polo Concello de Oleiros de información e promoción da doazón de órganos e de sangue, “Eu son doante, eu salvo vidas”, o concelleiro de Servizos Sociais e Sanidade e varios membros do goberno municipal acudirán mañá a doar sangue co fin de animar á poboación de Oleiros a facelo, xa que este pequeno xesto de solidariedade axuda a salvar moitas vidas.

En cada operación que se realiza nos centros hospitalarios, nas transfusións, en accidentes... son múltiples as ocasións nas que seguro que nós ou algunha persoa do noso contorno precisou sangue. Este sangue só pode conseguirse a través das doazóns, polo tanto, a colaboración da cidadanía con estas campañas é fundamental para poder seguir salvando vidas.

O sistema de doazón de órganos e de sangue da sanidade española é pioneiro no mundo grazas a súa organización e funcionamento, baseado na solidariedade e na igualdade no seu acceso; colaboremos todos e todas para manter este sistema como unha referencia a nivel mundial.
 

back link