Hemeroteca

Asset Publisher

Back Os obradoiros de teatro realizan unha representación nas Torres de Santa Cruz

Oleiros, 30 de xuño de 2016-. O Concello de Oleiros pon fin aos obradoiros teatrais correspondentes á tempada 2015-2016 coa mostra final dos traballos de todos os grupos participantes. Hoxe ás 19:00 horas terá lugar a mostra teatral conxunta protagonizada polo alumnado do grupo de iniciación de adultos e do Grupo Estable de Teatro.

A representación permitirá que o público poida comprobar todo o aprendido nas clases durante estes últimos meses observando uns exercicios de improvisación. A mostra  terá lugar no teatro do centro cultural As Torres de Santa Cruz. A entrada será libre, ata completar a capacidade da sala.
 

back link