Hemeroteca

Asset Publisher

Back Os maiores de Oleiros tamén están de volta ao cole

Oleiros, 10 de setembro de 2015-. As actividades físicas e de memoria dirixidas ás persoas maiores de 60 anos do Concello de Oleiros reinícianse o luns. Máis de 300 persoas retomarán as súas clases semanais de ximnasia, ioga e memoria en case todas as localidades do muncipio.

Os talleres de memoria permiten manter un bo estado a nivel cognitivo, frear o deterioro e exercitar a actividade mental, un adestramento dos que están tan de moda na actualidade pero adaptado ás persoas que acuden en cada parroquia, recuperando, ademais, parte da historia local para despois devolvela ao resto dos veciños e veciñas a través de artigos no Vivir en Oleiros ou en outras publicacións.

Men sana in corpore sano. Como dicía o sabio, ademais da mente hai que manter un bo estado físico, e con ese fin desenvólvense as actividades físicas, adaptadas ás posibilidades das persoas participantes, que permiten manter un bo estado físico e de vitalidade. Tamén favorece o contacto e as relacións a través dunha actividade de grupo no entorno máis cercano.

En definitiva un variado abanico de actividades por todo o Concello de Oleiros que complementan o resto de programas dirixidos aos maiores como pode ser “Ven e Descubre” ou a natación nas pisicinas municipais.
 

back link