Oleiros, 21 de decembro de 2015-. A compañía de danza Entremans, presenta o mércores ás 18:00 o seu espectáculo “Xoga”, escrito e dirixido por Ana Beatriz Pérez e Kirenia Martínez. As entradas poñeranse á venda a partir das 17:00 horas, ata completar a capacidade da sala. A obra está dirixida ao público familiar e está especialmente recomendada para nenos e nenas con idades entre os 3 e os 6 anos.
“Xoga” é un espectáculo para descubrir como eres e saber de que estás feit@. Un encontro didáctico que conxuga espazo escénico, audiovisual, música e danza, diversión, unión e espectáculo. Unha viaxe dende a imaxinación ao coñecemento.