Oleiros, 7 de outubro de 2015-. Hoxe abre o prazo para a licitación do café-bar que hai na casa do pobo de Montrove. O futuro adxudicatario da concesión terá que pagar un total de 4.800 euros anuais, o que supón 400 euros ao mes. O prazo para presentar as solicitudes remata o 16 de outubro.
Segundo establece o prego de contratación, o horario de apertura do bar terá que ser de luns a venres de 9:00 a 00:00 e as fins de semana de 10:00 a 00:00, aínda que as persoas interesadas poden realizar unha contraoferta en canto ás aperturas.