Hemeroteca

Asset Publisher

Back Os días 26 e 27 de xaneiro poderá renovarse o DNI nas oficinas da Policía Local

Oleiros, 19 de novembro de 2015-. O día 27 e 28 de xaneiro, en horario de 9:00 a 12:30 horas, un equipo de axentes do Corpo Nacional de Policía desprazarase ata as dependencias da Policía Local de Oleiros para proceder á realización dos trámites oportunos para a renovación do documento nacional de identidade. Así mesmo, as persoas que o soliciten por primeira vez ou que perdesen o dito documento, tamén poderán achegarse ata as instalacións policiais. No primeiro dos casos, os solicitantes deberán facer entrega do documento antigo para poder iniciar os novos trámites.

O prazo habilitado para a reserva de cita previa xa está aberto. As persoas interesadas poden chamar aos teléfonos 981 610 001, onde ademais recibirán toda a información que precisen sobre a documentación que deberán achegar, segundo cada caso.
 

back link