Hemeroteca

Asset Publisher

Back Os contedores subterráneos de Santa Cristina comezarán a funcionar o próximo luns día 13

Oleiros, 10 de febreiro de 2012-. Os contedores subterráneos que o Concello de Oleiros instalou na avenida Santa Cristina comezarán a funcionar o próximo luns día 13 de febreiro. Este soterramento de contedores de lixo realizada polo Goberno local mellora sensiblemente a calidade de vida  neste núcleo de Perillo. As condicións de recollida e almacenamento temporal de refugallos transformáronse por completo con estes traballos. Así mesmo, logrouse mellorar esteticamente este turístico lugar do municipio.

A obra consistiu fundamentalmente na instalación de catro puntos de contedores  subterráneos distribuídos ao longo de toda a avenida. Deste modo instaláronse módulos subterráneos nas confluencias da avenida coas rúas Pescado, Rafael Alberti, Xuncal e Humboldt.

O investimento total nesta importante obra foi de 193.820 euros. Deste modo, absolutamente todos os contedores da avenida están ocultos baixo terra e na parte superior só se poderá apreciar unha  plataforma rectangular onde se sitúa a caixa de entrada de residuos.

 

back link