Hemeroteca

Asset Publisher

Back Os contacontos serán en liña, ata o 17 de febreiro

 Oleiros, 3 de febreiro de 2021-. As sesións da Hora do Conto programadas entre o 5 e o 17 de febreiro, dirixidas a nenas e a nenos maiores de 6 anos, emitiranse a través da páxina web do Concello e do blog das Bibliotecas Municipais. Os contacontos colgaranse nas súas correspondentes datas ás 18:30 horas, e estarán dispoñibles durante 48 horas.

 
A programación de contacontos é a seguinte:
 
5 de febreiro - Máscaras e mascariñas con Caxoto
8 de febreiro - Libros para sorprender e participar con Fátima Fernández
9 de febreiro - Comendo orellas con Caxoto
10 de febreiro - Quen se esconde tras o disfrace con Charo Pita
11 de febreiro - Contos fariñentos con Soledad Felloza
12 de febreiro - Quero disfrazarme!!! con Ramiro Neira
15 de febreiro - Os andares do porco con Caxoto 
17 de febreiro - Contamos en igualdade con Eduvía
 
Para calquera dúbida ou aclaración, é posible dirixirse por teléfono (981610000) ou correo electrónico ás distintas bibliotecas.
 
back link