Hemeroteca

Asset Publisher

Back Os centros educativos públicos do municipio e as súas anpas solicitarán á Xunta a construción d

A Dirección dos centros e as asociacións de nais e pais do alumnado acordaron onte nunha reunión co Goberno local solicitar unha entrevista co conselleiro de Educación e levar a cabo unha recollida de sinaturas para esixir a edificación do novo colexio.

Oleiros, 18 de novembro de 2010-. As direccións dos centros de educación públicos do municipio, tanto de educación primaria como secundaria, así como a totalidade das súas ANPAS reuníronse onte co alcalde, Ángel García Seoane, e coa concelleira de Educación, Esther Garrido Pan, e informaron sobre a situación na que se atopa o futuro colexio de Nós tras a negativa da Xunta a levar a cabo a obra. Así mesmo, nesta reunión o alcalde referiuse ás argucias dos responsables da Consellería e do portavoz municipal do PP para escusar non levar a cabo este necesario centro escolar que se situará na parroquia de Nós. O alcalde entregou a todas as persoas asistentes unha copia dos documentos que acreditan a compra dunha parcela de 11.496 metros cadrados en Nós, así como os informes técnicos e informes do Plan Xeral que avalan a idoneidade dos terreos adquiridos.

Todas as persoas asistentes á reunión acordaron solicitar unha entrevista co conselleiro de Educación para demandar a construción inmediata do colexio e a inclusión desta nos orzamentos de 2011. Así mesmo, acordouse unha recollida de sinaturas en todos os centros escolares apoiando estas mesmas demandas e que se levará a cabo por parte das ANPAS.

back link