Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros vai de museo: visita ás exposicións “Outras historias posibles” e “Comedy Wildlife” na Sede Afundación

O mércores 13 de maio en horario de tarde o Concello de Oleiros continúa co programa “Oleiros vai de Museo”, con dúas visitas guiadas ás exposicións OUTRAS HISTORIAS POSIBLES e COMEDY WILDLIFE na Sede Afundación de A Coruña.

A actividade é gratuíta e ofértanse 50 prazas para maiores de idade, e menores a partir de 12 anos acompañados dunha persoa adulta responsable, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros. 

As inscricións (pinche aquí) poderán realizarse a partir do martes 21 de abril ás 10.00 horas na sede electrónica, no ámbito de cultura, o persoalmente na Fábrica, no departamento de Cultura, de 10.00 a 14.00 horas.

A inscrición inclúe o desprazamento obrigatorio en autobús e as visitas guiadas en ambos museos.

No caso de ter máis solicitudes que prazas a adxudicación de prazas realizarase por sorteo entre todas as solicitudes rexistradas entre martes 21 de abril ás 10.00 horas e o venres 24 ás 14.00 horas.

EXPOSICIÓN: OUTRAS HISTORIAS POSIBLES
Presenta o traballo de seis destacadas artistas nacidas na década dos 50, con fortes vencellos a Galicia, no persoal coma nas súas carreiras profesionais. Elas son Ana García Pan, Emilia Guimeráns, Anne Heyvaert, Tusi Sandoval, Blanca Silva e Laura Terré, mulleres cunha especial presenza na arte dos 80, grazas á súa innovadora visión. Esta exposición explora as súas creacións e descúbrenos como o seu legado influíu na arte contemporánea, ofrecendo novas perspectivas e reivindicando o seu espazo na historia. 

EXPOSICIÓN: COMEDY WILDLIFE
A través das fotografías seleccionadas no recoñecido Premio Comedy Wildlife Photo, dos anos 2015 a 2022, a exposición fai gala dunha magnífica colección de imaxes de natureza cunha singularidade: diferentes especies animais conectan co ser humano a través das emocións.

back link