Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros, un fervedoiro cultural durante esta fin de semana

 Oleiros, 20 de xuño de 2014.- O Concello de Oleiros convértese nun fervedoiro cultural durante esta fin de semana, á programación cultural do Concello, que inclúe espectáculos de danza e teatro súmanse varios actos organizados por varias asociacións culturais do municipio. Deste modo, o sábado a partir das 20.30 horas no teatro do centro cultural As Torres, a Coral polifónica de Lembranzas de Santa Cruz celebra un concerto para festexar o seu vixésimo aniversario. Así mesmo, a Coral Airiños de Nós celebra este domingo día 22 o  XI Certame de Canto Coral. A formación estará acompañada polas corais A Forna de Porriño, A.C. A Oliveira de Monte Branco(Ponteceso) e Coral da Gaiteira (A Coruña). O acto terá lugar na igrexa de San Pedro de Nós ás 20.00 horas.

 
Xa o domingo, ás 18:00 h, no teatro municipal As Torres de Santa Cruz, terá lugar a gran festa de fin de curso do grupo de Baile e Gaitas Santaia. Neste acto, todos os compoñentes do grupo mostrarán o que aprenderon e melloraron durante este curso tanto en baile, como en gaita e percusión.
 
back link