Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros tramita o convenio urbanístico do POL-22, en Perillo

Oleiros, 31 de xaneiro de 2012-. O Concello de Oleiros está tramitando un dos convenios urbanísticos recollidos na aprobación do Plan xeral de 2009. Este convenio afecta a unha zona de 14.000 metros cadrados situados no borde da ría do Burgo e que linda coa urbanización Agramar. Coa tramitación desta actuación urbanística coñecida como POL-22 o Concello de Oleiros conseguirá 5.506 metros cadrados para zonas verdes e novos viais, así como unha casa situada dentro da área de 14.000 metros cadrados e que dispón dun pequeno embarcadoiro no seu interior. O goberno local prevé destinar este inmoble a usos deportivos náuticos.

Ademais o Concello pasará a ser propietario do 10% do solo destinado a construción, o que supón 1.277 metros cadrados  en vivenda colectiva e 1.064 metros cadrados en solo comercial. Este solo posibilitará a promoción de vivenda protexida a través de cooperativa nun marco incomparable. Por outra parte, dotará o Concello de locais que serán destinados a diversos usos colectivos.

 

back link