Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros sancionará os vehículos que circulen polo parque dos Veciños

 

Oleiros, 13 de marzo de 2015-. O Concello de Oleiros informa de que está totalmente prohibido o uso do parque o Bosque dos Veciños con vehículos motorizados. Deste modo, aquelas persoas que circulen con quads, motos de monte ou outro tipo de vehículos polos camiños desta zona verde de titularidade municipal serán sancionados. As multas poderían chegar ata os 1.500 euros. Ao importe da sanción haberá que sumar os custos de reposición dos danos producidos nestas vías, que tamén correrán a cargo do infractor.

 
O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, advertiu esta mañá que a vixilancia se intensificará na zona. Así mesmo, solicitou a colaboración cidadá para tratar de sorprender os infractores. Para iso, pediu aos usuarios e usuarias deste parque que denuncien ante a policía local, e coa maior urxencia posible, a presenza de vehículos. A colaboración cidadá é crucial para frear a deterioración dos camiños deste singular bosque público. 
 
back link