Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros require aos propietarios de dous inmobles da rúa Casares Quiroga a reparación inmediata

Oleiros, 18 de xullo de 2013-. O Concello de Oleiros requiriu a dúas comunidades de propietarios de dous edificios da rúa Casares Quiroga que reparen nun prazo de 5 días  a súa rede de saneamento, a  cal está a causar un vertido reiterado ao regato Romardeiro. O requirimento, que xa foi posto en coñecemento do organismo autónomo Augas de Galicia, que abriu un expediente, implica a necesidade de acometer as obras de reparación que posibiliten o enganche correcto, de acordo coa advertencia de que no caso de desatención se sancionará ás comunidades cunha multa que pode alcanzar os 60.000 euros, e que como mínimo terá o importe de 6.000, segundo o previsto na normativa ambiental de Galicia.

back link