Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros reparte 3.200 euros en premios no seu concurso de disfraces

Oleiros, 5 de marzo de  2014-. O Concello de Oleiros repartirá 3.200 euros en premios no concurso de disfraces organizado dentro da programación da Festa dos Maiores, que se celebra este venres a partir das 19 horas, na polideportiva Arsenio Iglesias de Santa Cruz. O concurso de  disfraces, un dos mais concorridos da comarca contará con dúas categorías: grupo e individual. Na primeira haberá un grupo gañador que percibirá 1.000 euros, un segundo premio de 700 e dous terceiros de 400 euros cada un. Na categoría individual haberá un primeiro premio de 300 euros, un segundo de 200 e dous terceiros de 100 euros cada un.

O programa desta edición conmemorativa polo trinta aniversario da celebración inclúe a actuación da orquestra Os Satélites, o mencionado concurso de disfraces, chocolatada popular  e a tradicional actuación sorpresa na que participan membros do Goberno local. Esta festa, aberta ao todo mundo, ten un trato moi especial coas persoas maiores, e en gran medida está orientada para o seu gozo, xa que orixinariamente creouse con este fin.


Servizo de autobuses gratuíto
Ademais, o Concello porá a disposición dos veciños e veciñas un servizo de autobuses gratuíto que percorrerá o municipio e que empezará o seu percorrido ás 18:45 horas. Como outros anos o acceso á polideportiva de Santa Cruz  vai a estar pechado aos coches, polo que o acceso será a pé, ben pola entrada principal do colexio Parga Pondal ben pola avenida Pardo Bazán.
 

back link