Oleiros, 24 de setembro de 2014-. O Goberno local de Oleiros reclama novamente á Xunta de Galicia a mellora de seguridade viaria na AC-173. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, mostrouse especialmente preocupado polo Estado no que se atopa o tramo comprendido entre Breixo e Lourido, posto que entraña un gran risco para a seguridade dos residentes neste punto do municipio. Esta zona carece de beiravías e beirarrúas para o paso de peóns e ademais, segundo sinalou o propio rexedor, a maleza invade nestes momentos nalgúns puntos os carrís de circulación sobrepasando a liña branca que os delimita dificultando aínda máis o tránsito peonil.
Hemeroteca
Asset Publisher
O alcalde esixiu á Xunta que realice os traballos de conservación necesarios nesta vía e que elimine a maleza de forma inmediata. Ademais apremou ao Goberno autonómico para que leve a cabo o proxecto de ampliación da AC-173 entre Santa Cruz e Mera co que se comprometeu co Concello. Nos pasados meses, o Goberno local de Oleiros puxo a disposición da Consellería un total de 384 actas de cesión de terreos para acometer estes necesarios traballos.