Oleiros, 31 de xullo de 2014-. Mais de 300 persoas xuntáronse onte no acto cívico en defensa do pobo palestino organizado polo Concello de Oleiros no parque José Martí de Santa Cristina. A concentración comezou coa intervención de Ángel García Seoane, alcalde de Oleiros, quen fixo unha defensa da causa palestina e cargou contra o goberno israelí e contra o xenocidio que de xeito continuado o seu exercito infrinxe nos territorio palestinos de Gaza e Cisxordania. O rexedor sinalou que gustaríalle combater por este pobo asoballado e que non descarta facelo nalgún momento da súa vida. García Seoane insistiu nesta idea nun discurso cargado de sentimento no que tamén arremeteu contra os estados europeos, aos que considerou cómplices da barbarie que nestes días se esta a producir en Gaza. Así mesmo sinalou a EEUU como principal potencia mundial defensora da política sionista.
Hemeroteca
Asset Publisher
Tras a intervención do alcalde, a cantante de orixe palestina Najla Shami e o músico brasileiro Sergio Tannus protagonizaron un emotivo concerto no que non faltou a fusión entre os ritmos árabes, a poesía galega e sons do Brasil. A penetrante voz de Shami fixo comprice ao público presente que coreu constantes mensaxes de apoio a Palestina. A actuación comezou coa lectura dun poema en árabe que foi recitado por un cidadán palestino. Shami rematou a súa fermosa interpretación con un poema de Rosalía de Castro cargado de simboloxía e con continuas referencias a paz e o respecto. Por último, e como actuación sorpresa, un dúo cubano interpretou tres cancións que puxeron o broche de ouro cunha significativa versión do trabador cubano Silvio Rodríguez. Tras o fin da música, o público coreu consignas en prol do pobo palestino.