Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros protestará polo estado da N-VI cunha concentración no contorno da ponte da Pasaxe

Oleiros, 12 de abril de 2012-. Oleiros deixará patente o seu malestar polo estado de abandono no que se atopa a N-VI ao seu paso polo municipio cunha concentración que terá lugar mañá ás 12.00 horas nas inmediacións da ponte da Pasaxe. Durante este acto levarase a cabo unha plantación de millo e patacas nos parterres de titularidade estatal para protestar pola súa falta de mantemento. Nesta plantación participarán representantes das asociacións veciñais das parroquias afectadas, Liáns, Nós, Iñás e Perillo, que están a levar a cabo diversas accións para solicitar ao Ministerio a mellora desta importante estrada que dá acceso comarca da Coruña e que inclúen o uso das redes sociais e o envío de correos electrónicos de protesta a Fomento demandando a  urxencia das melloras.

back link