Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros presta o seu apoio institucional á ILP sobre a proposición de lei de regulación da daci

Oleiros, 14 de maio de 2012-. O Concello de Oleiros presenta o seu apoio á iniciativa lexislativa popular que quere levar ao Congreso dos Deputados unha modificación da lei hipotecaria na que se contemple a dación en pagamento, a paralización de desafiuzamentos e o aluguer social. Para iso é necesario recoller máis de 500.000 sinaturas antes do 31 de outubro de 2012 en todo o territorio nacional.

O Concello dispón dun prego de recollida de sinaturas que se atopa no complexo cultural da Fábrica, en Perillo, onde os veciños e veciñas que o desexen poden presentar o seu apoio a esta iniciativa. Ademais, nos próximos días estes pregos estarán a disposición dos veciños e veciñas en todos os centros cívicos e casas do pobo do municipio.


Apoio á casa de fins sociais
Así mesmo, o Concello presta o seu apoio á campaña impulsada pola Rede Galega contra a pobreza a través da que anima a marcar a casa de fins sociais na declaración da renda. Cada ano a Administración permite á cidadanía elixir o destino dunha parte dos seus impostos marcando a casa de fins sociais na declaración da renda, o que permite destinar un 0,7% dos impostos a programas sociais que realizan as ONG.

Marcar esta casa beneficia aos colectivos máis desfavorecidos e castigados pola crise sen ningún custo económico para a persoa que a marca. En 2011, máis de 5 millóns e medio de persoas se beneficiaron de programas financiados grazas á X Solidaria en toda España. Algúns dos colectivos beneficiarios foron persoas maiores, demandantes de emprego, programas para a inclusión social, persoas enfermas de cáncer, mulleres, infancia e familia, xuventude, persoas con discapacidade, poboación rural, VIH-SIDA, cooperación ao desenvolvemento, etcétera.
 

back link