Oleiros, 2 de xaneiro de 2014-. O Concello de Oleiros presenta na Sala do contencioso administrativo do xulgado da Coruña un total de tres recursos contra o reparto de fondos levado a cabo pola Deputación provincial. O primeiro contra os convenios firmados cos 85 concellos beneficiados neste reparto, e outros dous contra as modificación de crédito número 4 e número 5 levadas cabo polo ente provincial para executar dito reparto. O alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, firmou esta mañá os tres decretos polos que o Concello poderá presentar sendos recursos. Como xa anunciara García Seoane o pasado mes de decembro, esta medida sería tomada en caso de que a Deputación non tivera en conta as alegacións presentado por o Concello, e incluíra no seu reparto aos municipios marxinados.
Ao longo do 2013, o presidente da Deputación provincial, coa complicidade do PSOE e do BNG, distribuíu a dedo 17.857.736,29 euros entre 85 concellos da provincia da Coruña marxinado aos municipios independentes e aqueles outros gobernados pro grupos que non teñen representación na cámara provincial.
O sistema elixido para seleccionar aos concellos elixidos foi a formula dos convenios. Ditos convenios supuxeron un investimento mínimo de 250.000 euros ata un máximo de 687.000 euros por concello. Estes convenios sáltanse os baremos de distribución como son a extensión territorial, a poboación, o número e núcleos, o esforzo fiscal, etcétera, que son de obrigado cumprimento no reparto de fondos provinciais para incluír a totalidade dos municipios da provincia. As cantidade asignadas decídeas o señor Diego Calvo co informe desfavorable dos funcionarios responsables das facenda da deputación.