Oleiros, 18 de xuño de 2014-. Os escolares de música e danza levarán a cabo unha actuación conxunta para despedir a actividade lectiva deste curso. O acto, titulado Festival Coppelia, terá lugar o próximo sábado 21 de xuño no auditorio Gabriel García Márquez. Leváranse a cabo dous pases, un ás 12.00 horas e o outro ás 20.00 horas. O espectáculo constará de dúas partes, na primeira participarán os alumnos e alumnas de Street Dance e da especialidade de Danza Contemporánea. Na segunda parte, o alumnado de Danz Clásica interpretará unha adaptación de Coppelia, acompañado pola Orquestra Sinfónica da Escola Municipal de Música, composta polo alumnado da Orquestra de Cordas e profesores da escola.