Oleiros, 14 de maio de 2012-. O Concello de Oleiros prepara a través da Rede Municipal de Bibliotecas un completo programa de actos para conmemorar o Día das Letras Galegas. Entre estes actos destaca o concerto poético sobre a obra de Celso Emilio Ferreiro que se celebra o próximo 16 de maio ás 12.30 horas no Teatro As Torres de Santa Cruz. Haberá tamén varios obradoiros de ilustración e banda deseñada. Esta actividade, na que reflexiona sobre a relación da palabra coa imaxe, terá lugar o día 15 de maio na Biblioteca Central Rialeda e 24 e 25 de maio na Biblioteca Manuel María de Oleiros. Está dirixida ao alumnado de 4º, 5º e 6º de ensinanza primaria dos colexios Valle Inclán de Perillo, Luis Seoane de Mera e A Rabadeira de Oleiros.
Ademais, en todas as bibliotecas están montadas exposicións bibliográficas sobre Valéntín Paz-Andrade e realizaranse diferentes actos e xogos culturais e literarios entre os que destaca O barco das Letras, actividade destinada ao público infantil coa que se quere destacar a vinculación de Valentín Paz-Andrade co mundo do mar e da pesca, xa que impulsou a creación do grupo industrial galego Pescanova e traballou na FAO. Pola súa parte, O xogo de Valentín e unha actividade destinada a nenos onde deberán responder a distintas preguntas sobre o autor.