Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros pon en marcha un proxecto piloto para instaurar un sistema integral de tramitación doc

 Oleiros, 3 de outubro de 2014-. O Concello de Oleiros, continuando co seu camiño de instaurar unha administración electrónica rápida, eficaz e próxima ao cidadán, porá en marcha ao longo das próximas semanas unha experiencia piloto que ten como obxectivo pór en marcha un sistema integral de tramitación documental electrónica e, deste modo, analizar o seu funcionamento, eficacia, seguridade, así como testar o seu procedemento legal. Este proxecto piloto levarase a cabo na Área Económica municipal, onde na actualidade parte destes trámites, como as propostas de gasto ou a sinatura de facturas, xa se executan de forma electrónica.

 
Trátase dunha experiencia pioneira na comarca coruñesa e unha das primeiras en levarse a cabo na administración local a nivel nacional. O éxito desta iniciativa permitiría nun curto prazo de tempo a eliminación do uso do papel na documentación municipal. Así mesmo, liberaría espazo nas dependencias municipais, axilizaría os trámites e permitiría realizar unha mellor conservación da documentación, así como un seguimento eficaz da súa cadea de custodia.  
 
back link