Hemeroteca

Asset Publisher

Back Oleiros pon en marcha un Programa de prevención da obesidade e o sedentarismo na poboación xuve

Oleiros, 13 de febreiro de 2012-. O Concello de Oleiros pon en marcha un novidoso programa de prevención da obesidade e o sedentarismo entre escolares dos centros educativos do municipio. As actividades comezarán no IES María Casares de Bastiagueiro co alumnado de 1º e 2º da ESO, onde os técnicos municipais levarán a cabo un estudo antropométrico para obter datos do índice de masa corporal (relación entre o peso e a altura) e o perímetro abdominal, parámetro recomendado pola Asociación Europea para o estudo da obesidade dada a extraordinaria importancia da obesidade central e a súa relación directa co risco metabólico e cardiovascular.

Os obxectivo xerais desta iniciativa  son valorar os niveis de obesidade escolar e os riscos metabólicos que pode ocasionar.  Utilización da circunferencia  da cintura  para esta valoración, informar e recomendar ao alumnado en idade adolescente e os seus pais, sobre a prescrición de actividade física como ferramenta para minimizar os efectos desta enfermidade e obter información para a creación de hábitos saudábeis. A finalidade do programa, en particular, é que os rapaces e rapazas coñezan estes datos e a súa relación coa saúde, polo que os datos obtidos serán entregados a cada un deles nun sobre pechado con información e recomendacións sobre a importancia da actividade física e a nutrición para o coidado da saúde.

Para a realización deste estudo o Concello conta coa participación da Fundación Educación, Deporte y Salud (FEDYS). Os técnicos da fundación desprazaranse ao centro educativo e realizarán as medicións durante as clases de educación física. En todo momento garántese a privacidade de cada alumno/a á hora de realizar as medicións. Entregarase a cada alumno un consentimento informado que terá que ser asinado polos seus pais ou titores legais. As xornadas levaranse a cabo ata o próximo 2 de marzo.
 

back link